Polo A. Núcleo pequeno de poboación, de carácter rural e con poucos veciños.
Polo B. Condensación de vapor de auga do aire en contacto co chan, de constitución similar á das nubes, que reduce a visibilidade.
Polo C. Parte exterior dura que se forma en certos corpos, en particular nos alimentos como o queixo ou o pan.
Polo D. Sacerdote da civilización celta encargado de celebrar o culto, de educar a xuventude e de administrar a xustiza.
Polo E. O que constitúe a vida psíquica, intelectual e afectiva dunha persoa.
Polo F. Masa que se fai con ovos, leite ou auga, fariña e sangue do porco, todo mesturado formando un amoado que se frite nunha filloeira.
Polo G. Calzado de coiro con piso de madeira, que pode ser baixo ou ter forma de bota.
Polo H. Monstro fabuloso da mitoloxía grega con rostro de muller e corpo de ave rapina.
Polo I. Maneira de ser propia e peculiar dunha persoa, dunha colectividade ou dun pobo.
Polo J. Xénero musical de orixe afroamericana, creado nos Estados Unidos a principios do século XX, caracterizado principalmente pola improvisación e polo poder e a variedade do ritmo, que se toca en grupos nos que interveñen a batería, o saxo, a trompeta, o contrabaixo etc.
Polo K. Sistema de loita xaponesa sen armas, hoxe practicada como deporte, en que un individuo trata de derribar o contrario mediante golpes secos dados co bordo das mans, cos cóbados, cos xeonllos e co pé.
Polo L. Terreo de labranza.
Polo M. Que fai referencia á morte e participa do seu aspecto máis repulsivo e desagradable.
Polo N. Ningunha persoa.
Polo Ñ. Calquera tipo de afago, aloumiño, broma etc., con que se lle fan as beiras a alguén.
Polo O. Propiedade dun corpo que non permite o paso da luz ou que non pode ser atravesado por ela.
Polo P. Falta de vontade para traballar ou para realizar calquera acción.
Polo Q. Alimento que se obtén callando o leite e separando a parte líquida.
Polo R. Habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha graza intencionada no que se di.
Polo S. Que é agradable pola súa delicadeza, dozura, brandura etc.
Polo T. Enfermidade contaxiosa, producida polo bacilo de Koch, que provoca a destrución ou a deformación das células dos tecidos do corpo ao que ataca e que afecta sobre todo os pulmóns, pero tamén os riles, os ósos etc.
Polo U. Graxa que envolve os intestinos dos animais, en particular a do porco, que se conserva curada ou no sal.
Polo V. Visitar lugares e países.
Polo W. Deporte náutico que consiste en desprazarse sobre a auga nunha táboa provista dunha vela fixada a un mastro articulado.
Polo X. Auga que pasou ao estado sólido pola acción do frío.
Polo Y. Principio pasivo e feminino do taoísmo, que se complementa co yang para construír o tao.
Polo Z. Especie de caixón escorregadizo, útil para transportar cousas e persoas.